Proxectos actuais


SÓS
Mercedes Peón presenta o premiado SÓS, quinto mellor disco do mundo da World Music Charts Europe.

Un traballo discográfico e ao vivo rabiosamente actual. Unha experiencia sonora con gran contido social.


Única, polo estado enerxético que a artista, como é habitual nela, é quen de transmitir ao espectador, involucrándoo dende a primeira composición nunha viaxe sonora a través da súa experiencia de vida, e de temas comprometidos sempre presentes nos seus discos: feminismo, minorías, desaparición dos idiomas, desigualdade social, etc




Performance

Soa e espida. Suicidio artístico. Arriscado. Tenso. Tecnolóxico. Acústica sorprendentemente intensa. Camiño entre a enerxía étnica máis telúrica e a electrónica máis sofisticada. Unha xoia irrepetible.